Ría de Vigo


Ría de Vigo

A Ría de Vigo é unha das maiores rías de Galicia, situada na zona sur (provincia de Pontevedra), sendo a máis profunda e rica en nutrientes das Rías Baixas, que baña os concellos de Vigo, Cangas, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior e Redondela e nun pequeno entrante que ás veces se considera fóra da mesma ría, Baiona, ata o cabo Silleiro.

Ría de Vigo. Galiza.jpg

É a máis meridional das Rías Baixas, e presenta unha forma de cuña orientada en dirección norleste suroeste. A súa superficie total é de 176 km2, cunhas dimensións de 33 km de lonxitude e anchura variábel de 10 km na boca, entre Cabo Home e Monte Ferro, e 600 m no estreito de Rande, volvéndose ensanchar no fondo da ría, na enseada de San Simón. O volume total de auga, 3.117 Hm3, convértena na segunda ría, despois da de Arousa, en volume de auga.

A Ría de Vigo é unha das rías con máis produción mariña e de maior calidade no mundo. Isto é porque os ventos nórdicos arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo o afloramento das frías, ricas en nutrintes. Debido á súa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvia no verán.

Malia a contaminación da ría, destacan os avistamentos de mamíferos mariños entre os cales os arroaces e as toniñas son os máis abondosos.[1]

Ríos

Os principais ríos que desaugan na ría son o Oitavén-Verdugo, cun caudal medio de 16 m3 por segundo, o Redondela, con 2 m3 por segundo e o Lagares, con 2,5 m3 por segundo e que, porén, non exerce, debido á súa situación, unha grande influenza no esquema xeral de circulación da ría.

Zonas protexidas

A Ría de Vigo presenta zonas legalmente protexidas, como son as Illas Cíes, como Parque nacional das Illas Atlánticas, a enseada de San Simón, a Costa da Vela e A Ramallosa como integrantes da Rede Natura 2000.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da ría de Vigo

 

 

Vigo (tamén coñecida como A Cidade Olívica[3]) é a cidade máis poboada de Galicia, e a cidade sen rango de capital con máis poboación de España. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo na provincia de Pontevedra. Históricamente, pertenceu á comarca de Val do Fragoso, aínda que actualmente constitúe o núcleo da comarca de Vigo.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte con ría á que dá nome, (Ría de Vigo), ao nordeste co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos de Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén de Ría e xusto enfronte da cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3'6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o decimocuarto concello de España cunha poboación de 295.703 persoas segundo o Padrón municipal do 2008[4]. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.688 hab/km² aínda que no casco urbano esta increméntase notablemente.

 

Vigo e a súa comarca estiveron poboados desde tempos antigos, a pesar de que os restos atopados en xacementos non abraguen épocas anteriores á Idade de Pedra. A cultura castrexa desenvolta en Galiza deixou na cidade olívica importantes pegadas, que levan a pensar que a cidade tivo unha das maiores densidades de poboación de toda Galiza.

En Vigo o proceso de romanización foi moi temperán e intenso, aínda que durou preto de seiscentos anos. Recentes intervencións arqueolóxicas falan dun importante asentamento, o Vicus romano. A información de cidade con respecto á Idade Media é moi escasa. Os ataques xermanos e piratas provocaron unha emigración de gran parte da poboación cara a zonas máis seguras no interior. Coa dominación da sociedade galega por parte da Igrexa nesta época, Vigo dependeu durante moito tempo do Mosteiro de Melón. Foi xa avanzada a Idade Media que Martín Codax compuxo as súas fermosas cantigas de amigo.

Do século XV ao XVIII Vigo foi medrando paseniño, a pesar dos constantes ataques piratas. Acadou durante a Idade Moderna importancia na actividade artesanal e mailo comercio pesqueiro. Os armadores vigueses, encargados da defensa da ría, rexeitaron en 1589 o ataque dunha armada inglesa ao mando de Francis Drake. Tamén foi histórica a batalla de Rande.

Vigo en 1877. A finais do s.XIX a vila tiña uns 15.000 hab.

A comezos do século XIX Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de Napoleón. Un levantamento popular encabezado polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” expulsou ao exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. A finais do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.

O século XX caracterizouse polo despegue económico. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade, etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban cara as Américas. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da Guerra Civil Española (19361939). Entre as vítimas atopábase o alcalde Emilio Martínez Garrido, fusilado o 26 de agosto de 1936.

Nas décadas de 1960 e 1970, Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordenado, motivado polo desenvolvemento industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galiza. A pesar da crise do petróleo, que azoutou a cidade entre 1975 e 1985, desde finais da década de 1980, obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata a actualidade.

 

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Vigo.
Mapa parroquial de Vigo
Vigo dende o monte do Castro

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos concellos do Porriño e Gondomar, e ao sueste co concello de Nigrán.

A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o Castro. Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas.

O concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios. Pero tamén posúe unha importante zona rural, onde a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva.

As parroquias do concello de Vigo son: Alcabre, Beade, Benbrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Navia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares, Zamáns.

Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio e San Xoán do Monte non son parroquias administrativas do municipio pero pola súa tradición histórica son nomeadas nesta sección. Á dereita pode verse o mapa das parroquias do concello:

Clima

O clima da cidade de Vigo é oceánico con influencias mediterráneas; un microclima. Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos, e uns veráns cálidos pero non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C.

A cidade caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa seca estival. Pódese dicir que é un clima oceánico de transición ao mediterráneo, un clima privilexiado característico das Rías Baixas.

O mar exerce unha acción suavizadora do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais. Os ventos nórdicos arrastran en verán as augas superficiais quentes permitindo así o afloramento das frías. Debido á súa baixa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvias durante o verán.

 

Lugares de interese

Vigo é unha cidade interesante para o turismo, cun fermoso porto e casco vello, museos variados (de arqueoloxía, arte antiga e contemporánea, etc), zonas comerciais, unha grande dotación de hoteis e coa fortuna de estár rodeada de localidades e paraxes de grande atractivo turístico e paisaxístico.

Celebración da Reconquista, Praza da Constitución
Portal do Sol co Sereo en primeiro plano
Praza de Compostela, A Alameda

O centro urbano

  • O Casco Vello. É a zona antiga de Vigo. Nel, entre outros edificios emblemáticos, atópanse o Castelo de San Sebastián (século XVII), dende o cal apréciase unha boa panorámica da Ría, as prazas da Constitución, Princesa, A Pedra e a rúa Real. Atópase tamén neoclásica Concatedral de Santa María de Vigo, a Casa de Ceta e Pazos de Figueroa (coñecida tamén como Arines) un dos edificios conservados na actualidade máis antigos desta zona, datado do século XVI e sede da Fundación portuguesa Camôes e os soportais do barrio de pescadores por antonomasia, O Berbés. Recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural como Conxunto histórico pola Xunta de Galicia. Malia o seu valor cultural, o Casco Vello de Vigo atópase parcialmente deteriorado na maior parte da súa extensión. Na actualidade está sendo obxecto dunha recuperación integral a través do programa Urban, cofinanciado pola Unión Europea.
  • A Concatedral de Santa María de Vigo, antiga Colexiata. Iniciada en 1816 e rematada de construír en 1836, en substitución do templo gótico anterior. Un belo tímpano daquela igrexa medieval consérvase nas ruínas de Santo Domingo, en Pontevedra, dependentes do Museo Provincial. De estilo neoclásico, construída conforme ao proxecto do arquitecto Melchor de Prado Mariño, datado en 1811. Alberga no seu interior o soado Cristo da Vitoria que, segundo a tradición, favoreceu aos vigueses nas Guerras Napoleónicas. Cada primeiro domingo de agosto sae en procesión dentro da maior manifestación relixiosa da cidade.
  • A Praza da Constitución. Praza porticada á entrada do casco antigo, considerada como a Praza Maior de Vigo. Moi familiar, con moitas terrazas e cafés. Nela atópase o antigo concello de Vigo, construído en 1859 por José María Ortiz y Sánchez.
  • A Porta do Sol, lugar onde se atopa o monumento coñecido popularmente como "o Sereo", do que é autor o escultor Francisco Leiro. É o centro neurálxico da cidade.
  • Rúas Príncipe, Urzáiz e Gran Vía. Son as rúas comerciais e de lecer por excelencia. Son rúas axardinadas e con amplas beirarrúas, onde se poden atopar bos establecementos de moda e lecer.
  • A Alameda. Atópase na praza de Compostela, anexa ao Casco Vello da cidade e ao porto. Creada a finais do século XIX nunha zona gañada ao mar, constitúe o primeiro parque urbano creado en Vigo.[19] A maioría das súas árbores son centenarias, destacando as magnolias e as camelias, xunta outras especies exóticas. O parque, de forma rectangular, caracterízase pola súa gran fonte no seu centro, conta tamén con diversas esculturas de motivos animais (José Luís Medina) e antropomórficas (Camilo Nogueira Martínez). Destaca a escultura de bronce de Méndez Núñez, obra de Agustín Querol.

Vigo, entorno natural

Ademais dos atractivos propios dunha cidade, Vigo tamén é un concello cunha ampla oferta de praia e natureza, destacando ante todo as Illas Cíes, pero tamén as praias de Samil, Canido e do Vao, os seus parques urbanos e tamén os parques forestais situados nos outeiros que circundan a cidade, case todos eles excelentes miradoiros. Ademais conta con varias importantes rutas de sendeirismo homologadas que percorren os montes e outras paraxes do muncipio vigués.

Praia de Samil coa Illa de Toralla ao fondo
  • A praia de Samil, é unha das maiores praias de Vigo e a máis frecuentada por turistas e visitantes. Dispón de amplas zonas de paseo, zonas axardinadas e deportivas, piscinas e outros servizos. Dende esta praia, coas Illas Cíes como fondo, pódense gozar de impresionantes postas de sol.
  • A praia de Canido. Situada entre a praia do Vao e Cabo Estai. Dispón de zonas de paseo e zonas axardinadas, así como un porto marítimo. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona. Posúe tamén restaurantes para a degustación de mariscos e peixes propios da Ría de Vigo.
  • A praia do Vao, de grande calidade ambiental. No seu extremo occidental atópase a vila romana de Toralla (s. III-IV a.dC.), visitable e sobre a que se realiza un proxecto de escavación e museización.

Estas dúas últimas praias, xunto coas da Punta, O Tombo do Gato, Argazada e Fontaíña foron as praias viguesas distinguidas co galardón da bandeira azul no ano 2007.

Illas Cíes dende a Costa da Vela, Cangas
Entrada ao Monte do Castro
  • As Illas Cíes, arquipélago que forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas. Dispón de praias e cámping, e é visitable en tempada estival con barcos que parten a diario desde Vigo (Estación de Ría, R. Cánovas del Castillo) e Baiona. No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia da illa de Monteagudo como "praia máis fermosa do mundo".[24].
  • O Parque de Castrelos. Sito no barrio do mesmo nome, é o maior parque urbano de Vigo. Está dotado dun grande auditorio ao aire libre e zonas de paseo con estanques e variedade é especies forestais. Nel atópase o Pazo de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo e transformado en Museo dende que, en 1925 fose doado polo último descendente da familia Quiñones de León, antiga propietaria.
  • O Monte do Castro. É un parque situado no centro da cidade. Ocupa o espazo dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre os séculos VI antes de Cristo ao II despois de Cristo. O mundo castrexo coincide coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificaciones do século XVII que formaban parte -xunto co próximo castelo de San Sebastián e as murallas que rodeaban a cidade antiga- da estrutura defensiva de Vigo.
  • O Monte da Guía, atópase no barrio de Teis. Miradoiro privilexiado sobre a Ría de Vigo. Este monte foi tamén un Castro, un dos 27 poboados fortificados da idade do ferro que están catalogados no concello. O seu nome débese con toda probabilidade a unha paronimia do orixinal "Monte da Aguia" pola forma castelá "Monte de la Guía" (Monte da Guía).
  • Parque Natural das Ciencias - Vigozoo

O único zoo de Galicia non é un mero recinto de exhibición, senón que constitúe un parque de ciencias naturais especializado na fauna autóctona Europa1europea e na conservación das súas especies.

Así, o Parque Natural das Ciencias - Vigozoo ten como un dos seus obxectivos o traballo xenético para a recuperación de especies en vías de extinción. Ademais, o parque desenvolve traballos sobre a valoración da tensión de animais engaiolados, de anatomía comparada de grandes mamíferos, dos anfibios e réptiles, de parasitoloxía, do desenvolvemento de larvas da adaptación reproducitiva dos animais..., adaptando a contorna ás necesidades de cada exemplar.

  • Os amplos parques forestais situados nos arredores de Vigo: O Monte Alba (trátase do punto de maior altitude, con excelentes vistas sobre as Rías Baixas), o próximo Monte Cepudo, o Monte dous Pozos, o Monte de Beade, Vixiador, Madroa, Saiáns e Zamáns.

Colaboradores


Estadísticas

Hoy11
Ayer14
Mes245
Total82020

Currently are 35 guests and no members online

 
 
 
 
 
 
Real Federación Española de Squash
Federación Galega de Squash

 

 

 
Secretaría Xeral para o Deporte - Xunta de Galicia
Fundación Deporte Galego
Xacobeo 2010